As Fontes de Aragón tínguense de morado polo "Día Mundial contra a Fibromialxia e a Síndrome da Fatiga Crónica"
Vigo solidarízase este luns 12 de maio, "Día Mundial contra a Fibromialxia e a Síndrome de Fatiga Crónica", coas persoas afectadas por esta doenza e iluminará de morado as fontes dá rúa Aragón. Coa xornada reclámase garantir os dereitos dos afectados a ter unha atención sanitaria continuada e de calidade, así como un soporte social xusto que poida paliar as consecuencias tan graves que o impacto destas enfermidades ten sobre a calidade de vida. Reclaman o aumento do apoio á investigación, como instrumento para loitar contra estas enfermidades.
