Escoitar

A atleta olímpica Julia Vaquero, embaixadora da Carreira Praia de Samil

O alcalde presentou este mércores á atleta olímpica Julia Vaquero como nova embaixadora da Carreira Praia de Samil, tras a súa integración no Club Atletismo Veteranos de Samil. Caballero destacou o “papel tan importante” da deportista viguesa no mundo do atletismo.

mércores, 14 mai 2025

O rexedor afirmou que acoller no Concello a presentación do novo papel a desempeñar pola olímpica Julia Vaqueiro no atletismo de Vigo é un “forma de sentir o orgullo e a honra do que significa” tanto a deportista, o atletismo e o Club de Veteranos.

A atleta Julia Vaquero, que participará en todas as carreiras do circuíto municipal RunRun Vigo e no Campionato de España de media maratón, expresou a súa “ilusión e orgullo” por ser elixida como embaixadora do Club de Atletismo Veteranos de Samil. Afirmou que a oferta de patrocinio representa “unha inxección de autoestima e de autovaloración”.

Modesto Comesaña, presidente do club, ademais de expresar o “orgullo” por incorporar esta tempada a Julia Vaqueiro, destacou a participación de tres corredores no campionato de España que se celebra esta fin de semana en Mallorca.

Ricardo Dapena, presidente do Club Compostela, ao que pertencía a atleta, expresou o seu desexo de que “todo lle vaia ben” na nova etapa en Vigo.

O director xeral de Fe Seguros , Ricardo Dapena, trasladou o compromiso da súa compañía en manter a colaboración coa carreira de Samil na súa nova andaina.

Descargar todas as imaxes