A Noite Branca enche os museos municipais cunha decena de actividades
O sábado 2 de agosto os museos municipais amplían o seu horario de apertura entre as 20 horas e a 1 da madrugada e acollen visitas guiadas, concertos, teatro, talleres e xogos.

O Concello de Vigo celebra a Noite Branca nos museos municipais o sábado 2 de agosto cunha programación especial e unha apertura ampliada desde as 20 horas do serán e a ata a 1 da madrugada.
O Museo Quiñones de León, a Pinacoteca Fernández del Riego, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura e o Verbum acollerán unha decena de actividades, desde visitas guiadas a concertos, pasando por propostas teatrais, obradoiros, xogos de pistas e maxia.
Esta é a programación que vén de aprobarse:
Pinacoteca Fernández del Riego:
- “Ilusións a curto prazo”- maxia
- “Os ourizos, o musical” – teatro
Museo Quiñones de León:
- Visita guiada aos xardíns históricos
- Expedición sinestésica polo museo: as mil e unha historias de arte – taller
- “Ollos cara dentro Xa”- danza
- “O namorado infiltrado” – teatro
- Alexis Joel Lioi Cáceres - xogo de pistas
Verbum:
- Filias e fobias – concerto
- “Palabras para un mundo mellor” – taller
Casa das Artes:
-Createctura – taller
As propostas saen da convocatoria pública de actividades que realizou o Concello para a Noite Branca.