Escoitar

O Concello organiza unha xornada de portas abertas para coñecer o labor da Policía Local

Abel Caballero informou que as actividades, que terán lugar na Praza do Rei o 24 de maio, serán para toda a familia e tamén haberá visitas ás instalacións da Policía Local.

xoves, 15 mai 2025

O Concello amosará á cidadanía o espazo onde a Policía Local desenvolve as súas tarefas e os materias que emprega para cumprir co seu labor. O sábado 24 de maio haberá xornada de portas abertas para visitas ás instalacións e un programa de actividades na Praza do Rei, cun enfoque para os máis mozos.

Así, haberá un circuíto de educación viaria, cunha sesión informativa para aprender a conducir de xeito seguro e respectar os sinais de tráfico. Tamén estarán expostos un vehículo da unidade de protección cidadá e da unidade de atestados e investigación de accidentes.

A Policía Local tamén exporá os materiais da unidade especial de seguridade así como a unidade de drons e o seu funcionamento. As persoas que se acheguen ata as portas da Casa Consistorial tamén aprenderán as técnicas básicas de asistencia sanitaria, con sesións informativas para os máis pequenos con conceptos sinxelos para saber actuar ante unha parada cardiorrespiratoria ou outras situacións de risco para a vida das persoas.

Descargar todas as imaxes