Escoitar

Abel Caballero destaca a valía das empresas recoñecidas cos Premios Ardán

A sede da Zona Franca de Vigo acolleu este xoves a presentación da sexta edición dos Premios Ardán á excelencia empresarial, na que Stellantis Vigo recibirá o premio especial pola súa traxectoria. A entrega será o 22 de maio ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo.

xoves, 15 mai 2025
Momento da presentación
Momento da presentación

Durante a presentación, Abel Caballero e o delegado de Zona Franca, David Regades, puxeron en valor o alto número de indicadores de excelencia que lograron as empresas distinguidas nesta edición, indicadores cos que barema de forma obxectiva e rigorosa a análise da información de máis de 45.000 compañías galegas que realiza o Departamento ARDÁN.

Os Premios recoñecen ás empresas que máis destacan en criterios relacionados coa competitividade e en valores como crecemento, fortaleza financeira, innovación, internacionalización, xestión do talento ou igualdade de xénero, entre outros. Abel Caballero destacou o servicio de ARDÁN “que é capaz de sintetizar tanta información da economía galega e poñela a disposición do tecido empresarial. É unha nova forma de entender a economía”. O rexedor felicitou ás 8 empresas con máis indicadores y destacou o Premio Especial a Stellantis: “a crónica dun éxito anunciado de como una fábrica consegue desde Vigo situarse como a principal factoría de automoción de toda España”.

8 compañías serán galardoadas na sexta edición dos Premios Ardán á Excelencia Empresarial que promove a Zona Franca de Vigo: tres empresas de Vigo e a súa área: Roeirasa, Hermasa e Compañía Española de Algas Marinas; outras tres da provincia da Coruña: Aluman Sistemas, Igalia e Torus Software Solutions; unha de Lugo: A Vida 013; e Cuvida, empresa de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Ademais, Stellantis España recibirá o Premio Especial á Traxectoria Empresarial como referente industrial e motor da economía viguesa, galega e española.

Na presentación participaron, amais de Caballero e Regades, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e a xefa do Servizo de Estudos Económicos Ardán da Zona Franca, Susana Lama. A viguesa Roeirasa liderou a clasificación deste ano ao conseguir ata seis indicadores, unha cifra moi alta que, como sinalou David Regades, “non é nada común e moi poucas empresas lógrano, só as que teñen unha notable relevancia na creación de riqueza e emprego en Galicia, ademais, de contribuír á competitividade global ao atraer investimento e talento”. Sinalou tamén a dificultade de conseguir un indicador Ardán, como demostra que só o 3% das empresas galegas o consegue.

Segundo os últimos datos de ARDÁN as empresas con indicadores son as responsables do 28% da riqueza xerada en Galicia e do 18% dos postos creados polo tecido empresarial. Vigo e a súa área de influencia acollen unha ampla representación de empresas con indicadores, concretamente o 21% das empresas están instaladas na comarca viguesa e son as responsables de case o 37% do valor engadido bruto xerado polo conxunto.

 

Descargar todas as imaxes