Escoitar

O servizo do 010 do Concello atendeu 113.000 chamadas desde maio de 2024

Desde maio de 2024 ata o pasado mes de abril, o servizo municipal de atención á cidadanía atendeu 113.468 chamadas telefónicas e realizou preto de 70.00 xestións. “O 010 presta un servizo extraordinario”, destacou hoxe o alcalde.

xoves, 15 mai 2025

Abel Caballero destacou que o servizo municipal 010, que dende o ano pasado é gratuíto e conta cun novo sistema, constatou unha melloría substancial no seu nivel de eficacia na atención á cidadanía.

O alcalde incidiu en que, desde maio do 2024 a abril de 2025, o servizo municipal recibiu e atendeu, maioritariamente, consultas relacionadas sobre actividades do Concello, cursos, distintos trámites municipais, ademais da demanda de información, de avisos. “Recibiu moitísimas felicitacións”, recalcou.

O rexedor apuntou que o Concello destina preto de 400.000 euros para proporcionar unha atención á cidadanía. “É un gran servizo que se presta á cidade”, afirmou.

Descargar todas as imaxes