Escoitar

O Concello dedica 26 millóns de euros a humanizacións en toda a cidade

“É o maior investimento no ámbito rural que se fixo nunca na historia da cidade”, apuntou o rexedor, ao dar conta do proxecto de obras que inclúe humanizacións e beirarrúas.

venres, 16 mai 2025

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación da redacción dos proxectos de humanización de diferentes vías “en todo Vigo”, que Abel Caballero cualifica como o “proxecto máis ambicioso de mellora que se fixo nunca na cidade”, cun orzamento total de 26,5 millóns de euros.

Tal e como explicou, o goberno municipal prevé actuar en 109 quilómetros de vías, tanto do centro urbano, como especialmente do ámbito rural. As actuacións en pavimentos serán no centro e en Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Salgueira, Sampaio, San Xoán, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns.

Ademais, o goberno municipal construirá novas beirarrúas, que suman máis de 20 quilómetros de longo, en vías de Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Centro, Comesaña, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Salgueira, Sampaio, San Xoán, Sárdoma, Teis e Valadares.

O rexedor valorou que estas obras supoñen o “maior investimento no ámbito rural que se fixo nunca na historia da cidade” con 26,5 millóns de euros e un total de 109 quilómetros.

 

Descargar todas as imaxes