Caballero comparte os retos da cidade co embaixador da República Checa en España
O alcalde reuniuse con Libor Sečka, embaixador da República Checa en España, co obxectivo de buscar oportunidades para a colaboración entre o país e a cidade no sector da automoción e espacial. Caballero e Sečka tamén compartiron a súa afección polo fútbol, concretamente debatiron sobre os logros do Real Club Celta nesta tempada.
