xoves, 22 mai 2025
O alcalde saudou este venres aos membros do Tribunal de Contas e dos consellos de contas das comunidades autónomas que durante dous días celebran un encontro no consistorio. “Apreciamos o seu traballo; controlan as contas dos 8.132 municipios de España, e tiven a oportunidade de trasladarlles o financiamento claro e transparente do Concello”, que desde o ano 2011 ten débeda cero. Participan Navarra, Cataluña, Valencia, País Vasco, Andalucía, Canarias, Madrid, Illas Baleares, Castela-León, Asturias, Aragón e Castela A Mancha e Galicia.
xoves, 22 mai 2025
O alcalde anunciou este xoves que envía unha carta ao ministro de Dereitos Sociais, Consumo, e Axenda 2030 esixíndolle que cambie o criterio e o procedemento das viaxes do Imserso para que os viaxeiros de Vigo conten con traslado en autobús ata o aeroporto de Santiago de Compostela.
xoves, 22 mai 2025
O sábado 24 e o domingo 25 de maio terá lugar o primeiro festival de danza multidisciplinar ao que están convidados todas as escolas e grupos vigueses, que poderán participar de xeito gratuíto.
xoves, 22 mai 2025
Abel Caballero participou este xoves na inauguración do XXXII Congreso da Sociedade Española de Estraboloxía e Oftalmoloxía Pediátrica onde puxo en valor a “capacidade, tecnoloxía e avances” conseguidos nestas especialidades que se sitúan “na máxima fronteira do coñecemento”. Ademais deulle a benvida á cidade a tódalas persoas participantes e convidounas a coñecer Vigo e as súas xentes.