Escoitar

“La Bella y la Bestia” é a “primeira gran actuación infantil” confirmada para Castrelos

O alcalde avanzou este luns que a que adaptación do popular conto francés poderá verse no Auditorio ao aire libre de Castrelos a tarde do 12 de agosto.

luns, 19 mai 2025

O auditorio de Castrelos volverá a acoller nas tardes de verán musicais familiares. Abel Caballero desvelou que a “primeira gran actuación infantil” será “La Bella y la Bestia”, o 12 de agosto. A representación realizada por Barbarie Teatro Musical está dirixida a todos os públicos, cunha duración de 100 minutos.

Trátase dunha adaptación do conto popular francés, no que un príncipe, malia ter todo o que desexaba, era egoísta e consentido. Unha noite, unha bruxa lanzoulle un maleficio e como castigo, condenouno a ser unha besta. Só poderá librarse dese maleficio se conseguía namorarse dunha moza antes de que caia o último pétalo dunha rosa encantada.

Con esta confirmación, o cartel de concertos no Auditorio de Castrelos queda do seguinte xeito:

  • Ana Belén – 12 de xullo
  • Gente de Zona – 17 de xullo
  • Trueno – 18 de xullo
  • The Black Keys – 21 de xullo
  • Rozalén – 24 de xullo
  • Coral Casablanca – 26 de xullo
  • Vanesa Martín – 31 de xullo
  • Ópera La Traviata – 1 de agosto
  • Jason Derulo – 3 de agosto
  • Ópera Turandot – 9 de agosto
  • La Bella y La Bestia – 12 de agosto
  • UB feat. Ali Campbell – 15 de agosto
  • India Martínez – 16 de agosto
Descargar todas as imaxes