Escoitar

O campus multideporte do Coruxo reunirá 500 nenas e nenos este verán

O alcalde e Carmela Silva participaron esta mañá na presentación do campus multideporte de verán “Aprende a xogar” que se celebra do 23 ao 27 de xuño impulsado polo Coruxo Fútbol Club co patrocinio do Concello.

luns, 19 mai 2025

O campo municipal do Vao acollerá este verán unha nova edición do campus multideporte “Aprende a xogar” que para o alcalde é “unha experiencia única que ofrece diversión e aprendizaxe dos valores do deporte” ás nenas e os nenos que participan.

Trinta modalidade deportivas, pensadas para 500 nenas e nenos de 6 a 14 anos, aqueles nacidos entre os anos 2011 e 2019, para as que aínda está aberto o prazo de inscrición. Tal e como explicou Gustavo Falque, presidente do Coruxo, para parte da cativada o campus supón o primeiro contacto con algunha das disciplinas deportivas que se imparten e conseguen iniciarse posteriormente na súa práctica.

Descargar todas as imaxes