Escoitar

O goberno de Vigo aprobará o PXOM o 26 de maio

Caballero anunciou a celebración dun Pleno Extraordinario para a aprobación definitiva do documento urbanístico que mudará a cidade con máis vivenda, zonas verdes e equipamentos e dotacións sociais, culturais e deportivas.

luns, 19 mai 2025

O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal terá o visto e prace definitivo o luns 26 de maio coa celebración dun Pleno Extraordinario. Caballero asegurou a súa aprobación cos 19 votos favorables do goberno local.

Para o alcalde a aprobación do documento urbanístico “significa un gran cambio para facilitar o acceso á vivenda en Vigo, cunha planificación de 51.457 novos inmobles dos cales máis de 14.000 terán algún tipo de protección”. Caballero celebrou o fin da especulación na cidade co novo PXOM e augurou o retorno de persoas que tiveron que trasladarse a outros municipios pola falta de vivenda en Vigo. “O prezo da vivenda en Vigo será moito máis accesible”, afirmou.

O Plan contempla máis do dobre de zonas verdes que rexistra a cidade na actualidade. Tamén detalla novas dotacións e equipamentos sociais, culturais e deportivos.

“Avanzamos nunha cuestión tan importante como o PXOM cos votos que a cidade outorgou ao goberno que eu encabezo”, concluíu.

Descargar todas as imaxes