Castrelos suma unha nova actuación infantil con “¿De qué color es un beso?”
O musical baseado no libro de Rocío Bonilla chegará a Vigo o 16 de xullo.

A segunda confirmación das actuacións infantís do Vigo en Festas 2025 é “¿De qué color es un beso?”, un musical baseado no libro de Rocío Bonilla co toque especial de produción de Espiral Máxica. Será o mércores 16 de xullo.
Da man de Pigmento, un personaxe divertido e xoguetón, o público adentrase no mundo de Minimoni, unha nena á que lle encanta pintar, e que se pregunta de que cor é un bico. Combinada con música en directo, esta adaptación do conto invita aos nenos e nenas a pensar e a usar a imaxinación.
Con esta confirmación, o cartel de concertos no Auditorio de Castrelos queda do seguinte xeito:
- Ana Belén – 12 de xullo
- ¿De qué color es un beso? – 16 de xullo
- Gente de Zona – 17 de xullo
- Trueno – 18 de xullo
- The Black Keys – 21 de xullo
- Rozalén – 24 de xullo
- Coral Casablanca – 26 de xullo
- Vanesa Martín – 31 de xullo
- Ópera La Traviata – 1 de agosto
- Jason Derulo – 3 de agosto
- Ópera Turandot – 9 de agosto
- La Bella y La Bestia – 12 de agosto
- UB feat. Ali Campbell – 15 de agosto
- India Martínez – 16 de agosto