Escoitar

As XV Xornadas Municipais de Teatro Escolar reúnen a máis de 1.400 escolares de Educación Primaria

O alcalde felicitou este martes ao estudantado de Educación Primaria dos CEIPs Mestres Goldar e San Salvador de Teis polo traballo desenvolvido ao longo do curso para poñer no escenario do Auditorio Municipal as obras "A chorar a Vigo", "Ou baúl da avoa", e "The jungle book", respectivamente. A representación de hoxe enmárcase en "XV Xornadas municipais de teatro escolar", organizadas pola Escola Municipal de Teatro cos centros públicos de primaria da cidade desde o luns 19 de maio ao venres 23. Más de 1.400 nenas e nenos gozarán durante toda a semana das 13 obras teatrais interpretadas por escolares de 6 a 12 anos.

martes, 20 mai 2025
Descargar todas as imaxes