Escoitar

O alcalde saúda ao alumnado do IES de Teis que participa no programa didáctico "Visita o teu Concello"

Abel Caballero explicou aos 34 alumnos de segundo de Educación Secundaria do IES de Teis, que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello", que cada cinco minutos no Concello de Vigo se adoptan decisións que inciden directamente na vida da cidadanía, tanto en temas como no subministro de servizos básicos como na oferta docente, cultural e de lecer. O alcalde animou ao estudantado a interesarse pola información que recibirán durante a súa visita ao Concello e a prepararse para conseguir a nota que lles garantirá, en cuarto de ESO, acceder a unha bolsa municipal para participar de "Vigo en Inglés".

martes, 20 mai 2025
Descargar todas as imaxes