venres, 6 xuñ 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a programación de Nadal 2025-2026 que supón o inicio do traballo das diferentes áreas involucradas na organización do Nadal que é “unha marca da cidade e ten impacto na economía viguesa”.
venres, 4 abr 2025
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á adxudicación da contratación do servizo de supervisión dos traballos de montaxe, desmonte e mantemento dos diferentes elementos que conforman a iluminación e decoración do Nadal.
luns, 31 mar 2025
A cidade encheuse esta fin de semana para celebrar a vitoria sobre os exércitos napoleónicos, nunha cita que “bateu marcas de asistencia con máis de 250.000 persoas”, segundo indicou Caballero.
xoves, 27 mar 2025
A cidade engalánase esta fin de semana para celebrar a súa festa histórica, a "romería urbana máis importante de Galicia" en palabras do alcalde, rememorando a expulsión das tropas francesas por parte das viguesas e vigueses en 1809. O Casco Vello da cidade énchese con postos de mercado, gastronomía, música, baile e representacións teatrais. Este venres, o Concello organiza o acto institucional de lectura do pregón, a cargo de Óscar Vladimir Vallejo Torres, Fiscal Xefe da Fiscalía da Área de Vigo. Será na Praza da Independencia ás 12:00 horas.
xoves, 27 mar 2025
O alcalde presidiu este venres, 28 de marzo, o acto institucional de celebración do Día da Reconquista de 2025 coa lectura do Bando a cargo de Oscar Vladimir Vallejo, Fiscal Xefe da Área de Vigo, seguido dunha ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista, na que tamén participou o Subdelegado de Defensa en Pontevedra. A Banda de Música de Beade pechou o acto coa interpretación dos himnos de Galicia e España.
martes, 25 mar 2025
Caballero asistiu este martes á Reconquistiña, onde case 2.000 nenos e nenas de 37 colexios se reuniron na Porta do Sol vestidos de época para botar da cidade aos exércitos de Napoléon. O alcalde invitou á rapazada a "seguir velando pola cidade porque Vigo é a mellor urbe de mundo". Tamén convidou a celebrar a Reconquista, non só hoxe nas rúas e na escola, senón a gozar coa familia tamén durante a fin de semana. "Todas e todos a reconquistar unha vez máis a cidade de Vigo", clamou. O rexedor tamén felicitou ao profesorado, por facer posible a aprendizaxe e a formación arredor desta festa histórica.
luns, 16 dec 2024
O alcalde deu a coñecer este luns o percorrido da cabalgata tradicional que repite o itinerario da pasada edición. A cabalgata estática poderá visitarse durante a mañá na Avenida de Castelao. As carrozas evocarán os “Contos de Nadal”.
martes, 3 dec 2024
Vigo protagonizará o luns 9 de decembro o sorteo da ONCE. A iniciativa que difundirá a imaxe da rúa do Príncipe a través dos 5 millóns de cupóns que saen á venda foi destacada polo alcalde durante o acto de presentación da iniciativa na que participaron o responsable en Galicia da Organización Nacional de Cegos, Manuel Martínez Pan, e o director da delegación de Vigo, Roberto Gaspar. "Como está Vigo no cupón vaise vender o nunca visto", chanceou Abel Caballero.
luns, 2 dec 2024
A afluencia turística na cidade volveu ser destacar a pasada fin de semana cun nivel de ocupación media dun 89%. Caballero confirmou, ademais, que o tráfico foi fluído, sen que se rexistraran problemas de mobilidade no centro da cidade.
venres, 15 nov 2024
Este sábado ás 20 horas da tarde, a Porta do Sol, convertida nun “gran bosque de Nadal”, será o escenario do acendido da iluminación da cidade que poderá seguirse en directo a través da web municipal. O alcalde celebra que o Nadal estea presente en soportes publicitarios de Nova York, París, Roma ou Londres: "Vigo xa ocupa un lugar excepcional no mundo".