O alcalde recibe á organización das Festas de San Roque

mércores, 21 ago 2024

Abel Caballero reuniuse este mércores con Teresa Pérez e Ana Caride, en representación da comisión de festas de San Roque, con que realizou un balance do "éxito" da festa nesta última edición. Tal e como trasladou o rexedor, a organización está xa deseñando a festa do vindeiro ano para a que "o Concello manterá a cooperación" coa que se considera popularmente como "a festa social do patrón da cidade que determina a festividade local de Vigo". O Goberno municipal traballará conxuntamente coa comisión para impulsar "aínda máis" a romaría urbana máis importante de Galicia

Caballero felicita á cidade pola "gran Reconquista"

luns, 8 abr 2024

Vigo encheu rúas e prazas durante a fin de semana con motivo da festa da Reconquista. O alcalde celebrou que milleiros de cidadáns e cidadás celebraran esta romaría urbana e felicitou á cidade "pola gran Reconquista". "Foi unha boa forma de celebrar o noso 215 aniversario da nosa independencia", manifestou o rexedor. Cualificou a representación teatral da expulsión do exército francés como "maxistral" e considerou boa idea medrar os espazos da Reconquista ata a rúa Elduayen e Paseo Alfonso: "Abriu unha nova perspectiva".