Caballero valora o éxito dos concertos de Castrelos 2023

xoves, 31 ago 2023

O alcalde manifestou que xa está a traballar nos concertos de Castrelos para o verán do ano 2024: “Este ano foi o mellor e o próximo será aínda mellor”, expresou ante os medios. Abel Caballero cualificou de “éxito e calidade” as actuacións deste verán, coa presenza de Andrés Calamaro, David Bisbal, Pablo López, Alejandro Sanz, a Coral Casablanca, Bad Gyal, Ana Mena, David Guetta e Beret, amais dos espectáculos infantís. Caballero di “é difícil calcular a asistencia” e cifrou a afluencia de público por enriba dos 600.000. Os concertos de Castrelos contaron cun “Punto Lila” para a concienciación na loita contra a violencia de xénero e a igualdade.

Abel Caballero visita a montaxe das instalacións de O Marisquiño en Samil

xoves, 10 ago 2023

O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival O Marisquiño. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve na cidade o 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.