Escoitar

As reservas para Jason Derulo, á venda o mércores 23 de xullo

O alcalde referiuse este venres ao éxito de Gente de Zona que “o petou” na súa cita do xoves en Castrelos con “ducias de miles de persoas e abarrotado ata a parte de atrás”.

venres, 18 xul 2025
Concerto de Gente de Zona
Concerto de Gente de Zona

O rexedor avanzou que o concerto de Trueno será “excepcional” na liña dos que se celebran no auditorio ao aire libre, dixo. O rapeiro, cantante e compositor arxentino chega a Vigo coas entradas esgotadas.

Caballero anunciou que o vindeiro mércores, 23 de xullo, saen á venda as reservas da platea para o concerto de Jason Derulo, que será o domingo 3 de agosto. Cantante, compositor, bailarín ou actor, orixinario de Florida e con descendencia haitiana, actuará na cidade convertido en artista de talla mundial.

A fórmula para adquirir as 5.000 reservas será a habitual: poderá facerse de maneira presencial no despacho de billetes de Castrelos e tamén a través da web www.vigo.org. Habilitaranse dúas quendas, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, con 2.000 reservas presenciais e 500 en liña en cada quenda.

 


Aínda quedan dispoñibles entradas na web para o concerto de Rozalén a un prezo de 10 euros. Actuará en Castrelos o xoves 24 de xullo.

Concerto de Gente de Zona
Descargar todas as imaxes