venres, 18 xullo 2025

Caballero recibe a Salvador Illa, "unha peza importante da política en Catalunya e España"

O alcalde presentou ao president de Catalunya no almorzo informativo do Círculo de Empresarios no que puxo en valor "o discurso repousado, reflexivo e alentador" de Illa: "Aí vexo a Catalunya e España", afirmou Caballero. Para o rexedor, Illa representa "a normalidade democrática e a restauración da convivencia e a forma de entendernos". Previamente, Salvador Illa acudiu á Casa Consistorial onde firmou no libro de sinaturas e louvou a Vigo "por ser exemplo de capacidade transformadora, da boa política e da política útil".

Inmersa 2025 enche de danza a Porta do Sol

venres, 18 xul 2025

“Un gran festival de danza” organizado pola escola de danza Media Punta e coa colaboración do Concello reunirá este sábado, 19 de xullo, na Porta do Sol a alumnos e profesionais do mundo da danza de Madrid, Barcelona, Lugo, de Vigo e do resto de Galicia. Traballarán diferentes pezas de baile durante o día e logo amosarán o resultado ao público sobre o escenario. A cita é ás 20:00 horas.