O Concello inicia a expropiación dos terreos para o novo acceso ao CEIP Párroco do Camilo
Abel Caballero informou este xoves da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Aprobación Definitiva do Plan Especial de Infraestruturas para o novo acceso ao CEIP Párroco don Camilo en San Andrés de Comesaña.

“É a forma de facer un novo acceso, seguro” ao colexio desde a estrada Vigo-Baiona, explicou Caballero, que permitirá que o transporte escolar chegue ás instalacións deixando ao alumnado na porta.
O Concello iniciou xa a expropiación dos terreos, que é o primeiro paso para iniciar unha obra que, para o alcalde, “podería estar feita hai 3 anos pero a Xunta non nos deixou usar a Lei Vigo e tivemos que utilizar esta reforma que é longuísima e tarda tres anos”.
O novo acceso ao CEIP Párroco don Camilo executarse a través dun viario de 16 metros en pendente máxima do 12%, que incorpora un itinerario peonil adaptado cumprindo a normativa. Ademais, incorpórase ao viario unha zona verde no ámbito, ao carón do colexio. O custo estimado do proxecto é de 1,3 millóns de euros “ben empregados” para o centro educativo.