xoves, 17 xullo 2025

Caballero celebra a "noticia excepcional" da licitación da Biblioteca do Estado en Vigo anunciada polo ministro de Cultura

Abel Caballero cualificou hoxe como unha “noticia excepcional para Vigo” o anuncio realizado polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, de que o Goberno licitará en 2026 o proxecto da Biblioteca Pública do Estado, que se construirá nos terreos cedidos polo Concello en Coia. A confirmación da decisión do goberno central de saldar a “débeda histórica” coa cidade, según recoñeceu Urtasun, tivo lugar durante a visita ao solar onde se construirá a nova infraestrutura, chamada a ser un “proxecto singular”.

As reservas para o concerto de Vanesa Martín, á venda o 22 de xullo

xoves, 17 xul 2025

O próximo martes saen á venda no despacho de billetes e online as 5.000 reservas para presenciar desde a platea o concerto que a artista ofrecerá en Castrelos o xoves 31 de xullo ás 22:00 horas. Poderán mercarse de maneira presencial no despacho de billetes do Auditorio ao aire libre e tamén a través da web www.vigo.org. Habilitaranse dúas quendas, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, con 2.000 reservas presenciais e 500 en liña en cada quenda.