O Concello reforza o transporte público para os desprazamentos nocturnos ás festas de Bouzas
O Concello reforza o servizo do transporte urbano nocturno durante as festas desta fin de semana en Bouzas. A liña R1 contará con frecuencias cada 30 minutos desde as 23.05 da noite ás 05.15 da madrugada.

O alcalde anunciou este xoves a ampliación do servizo nocturno de Vitrasa para facilitar os desprazamentos a Bouzas con motivo das festas que se celebran esta fin de semana.
Caballero avanzou que para o espectáculo pirotécnico do domingo 20 refórzanse todas as liñas que discorren por Bouzas. Ademais, a partir das 23.45, a liña R1 contará con frecuencias cada 10 minutos.
“Unhas grandes festas. Que todo o mundo acuda a Bouzas”, animou o alcalde.