Grupos de España, Eslovaquia, Angola e Panamá participan no XXXI Festival Folclórico Internacional
A Porta do Sol será escenario, do martes 22 ao venres 25 de xullo, da XXXI edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo á que o alcalde anima a asistir por contar coa presenza de grupos de catro países: España, Angola, Panamá e Eslovaquia.

O alcalde presentou hoxe, co concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, así como con Pablo González, da Asociación Cultural Interfolc de Vigo, a autora do cartel anunciador, Sofía González, e Roberto Giráldez, director técnico de Interfolc, a nova cita coa música e a danza folclórica que terá lugar a partir do martes da semana que vén na Porta do Sol.
As actuacións comezarán ás nove e media da noite os días 23, 23 e 24. O venres 25 está programado o desfile de clausura desde o museo MARCO ata a Porta do Sol.
Os catro días do festival achegarán ao público ás tradicións non só do folclore galego e español, xa que está prevista a actuación de formacións de Angola, Eslovaquia e Panamá. Ademais dos grupos de Galicia, compartirán escenario formacións de Valladolid, Albacete e Canarias.
O concerto poderase seguir por streaming: https://www.youtube.com/live/3M3JRi6h1KM