A cidade volverá celebrar a festa do Marisco do 4 ao 7 de setembro
O alcalde participou na presentación xunto á organización, ACOPEVI, nunha festa que volve ao porto pesqueiro do Berbés.

Vigo albergará de novo a festa do Marisco. A XVIII edición desta celebración chega ao porto pesqueiro do Berbés despois de non celebrarse desde o ano 2019. Este ano 2025 a celebración será do 4 ao 7 de setembro.
Abel Caballero participou na presentación xunto á organización, ACOPEVI, presidida por Juan López. Tamén acompañaron Roberto Otero, vicepresidente e Mar Amate, xerente, así como as concelleiras de Comercio e Turismo, Ana Laura Iglesias e María Lago.
Para Caballero “é unha gran festa” polo que invitou á cidadanía a achegarse para gozar con marisco e a música de acompañamento e outras actividades programadas. Juan Lopez confirmou que “por tradición temos o mellor marisco, o mellor produto está en Vigo e a mellor festa do marisco está en Vigo”.