luns, 18 agosto 2025

O Concello mantén a vixilancia e envía un novo retén á loita contra os incendios

O comité asesor do Plan de Emerxencia Municipal, dirixido polo alcalde, reuniuse por segunda vez para dar conta do dispositivo de vixilancia e acción da Policía Local e os bombeiros de Vigo durante a fin de semana. O goberno local xa ten preparado un pavillón por se houbera que atender á cidadanía no caso de producirse un incendio. No mediodía deste luns sae un novo retén con 5 efectivos de bombeiros de cara á zona afectada polos lumes.

Vigo alcanza “un nivel superlativo” de ocupación na ponte de agosto

luns, 18 ago 2025

Abel Caballero deu conta esta mañá que os hoteis de Vigo alcanzaron unha ocupación do 97% durante a ponte, pondo en valor "a capacidade de atracción de Vigo". O alcalde tamén cualificou este "cheo total" como "un nivel supeperlativo", unha mostra de que a cidade é "unha potencia turísitica".