Escoitar

O Goberno municipal dedica 3,7 millóns ás Escolas de Danza, Música e Música Folk

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe a xestión das escolas de municipais de Música, Danza e Música Folk e Tradicional (ETRAD), para o próximos catro anos, por importe de 3.733.173 de euros.

xoves, 14 ago 2025

Abel Caballero avanzou este xoves o acordo adoptado hoxe polo Goberno Muncipal para adxudicar a xestión da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional por 1.131.287 euros; da Escola Municipal de Música por 1.942.933 euros e da Escola Municipal de Danza por 658.953 euros.

Nos centros de educación especiais dependentes do Concello de Vigo cursan os seus estudos cada ano 1.200 nenos, “que fan e aprenden cultura e disfrutan do seu tempo libre”, indicou o alcalde. 

Entre as escolas de ensinos especiais gratuítas tamén atópase a de Artes e Oficios, cun orzamento de máis dun millón de euros. “Subencionamos ensinos nestas catro escolas por valor de 2,2 millóns de euros ao ano”, recalcou o rexedor ao remarcar que se trata dunha actividade cultural “moi importante que queremos que poidan realizalas todos os que o desexe", afirmou o alcalde. 

Descargar todas as imaxes