Escoitar

O Concello neutraliza un ciberataque á web municipal

Os servizos informáticos municipais foron quen de repeler este mércores un intento de paralización da xestión do Concello, deixando restablecido o servizo a primeira hora desta mañá.

mércores, 13 ago 2025
Imaxe de arquivo do centro de datos municipal
Imaxe de arquivo do centro de datos municipal

O alcalde deu conta do ciberataque de negación de servizos sufrido pola páxina web do Concello ás 6:00 horas deste mércores, coa intención de paralización da xestión municipal.

Tal e como explicou, os responsables son un grupo de ciberdelincuentes prorrusos chamados Noname que trataron de imposibilitar o acceso da cidadanía á tramitación online e así, degradar os servizos municipais. “Ás 8:00 detectamos o ataque e ás 8:30 quedou restablecido o servizo con normalidade”, apuntou, engadindo que nestes momentos continúan os ciberataques, pero “o noso sistema é capaz de repelelos. “Temos capacidade de rexeitalos sen que consigan o seu obxectivo”.

Descargar todas as imaxes