Escoitar

O Concello promove a reciclaxe en fogares, hoteis, restaurantes e cafeterías

O alcalde informou este martes do desenvolvemento de dúas campañas para fomentar a separación dos residuos e para aprender o uso correcto do contedor marrón entre a cidadanía.

martes, 12 ago 2025

O Goberno municipal ten en marcha dúas campañas de promoción da reciclaxe, unha dirixida aos fogares e outra pensada para a canle HORECA. Caballero apuntou a importancia da correcta separación dos residuos orgánicos e do resto de materiais reciclables como eixo da “economía circular, que é a conservación do planeta”.

A acción municipal orientada aos fogares desenvólvese en 75 comunidades de veciños da cidade co obxectivo de promover o uso do contedor marrón resolvendo as dúbidas das familias á hora de separar adecuadamente o orgánico. Cada vivenda recibe materiais prácticos para reciclar o aceite, un contedor individual para os residuos orgánicos, un díptico informativo e un imán con recordatorios para a separación correcta. Amais, a comunidade de veciños recibe unha charla informativa durante a xunta de propietarios co fin de resolver as dúbidas das familias.

No caso da campaña que se está desenvolve na canle HORECA, o Concello realiza visitas divulgativas personalizadas en máis de 800 establecementos do sector de hoteis, restaurantes e cafeterías asesorando ao persoal de cociña e ás xerencias sobre a separación de residuos orgánicos, aceites usados, café, vidro, envases lixeiros…

 

Descargar todas as imaxes