Vigo alcanzou unha ocupación media do 98% na fin de semana
Abel Caballero desvelou esta mañá os datos de ocupación hoteleira da segunda fin de semana de agosto, sinalando que é a suma "da mobilización do verán e a do Marisquiño", que tivo unha edición do festival urbano "mellor ca nunca, fóra de serie". O rexedor aseverou que isto tivo o seu reflexo no nivel de ocupación hoteleira, que acadou un "98%; un cheo total" polo que se congratulou polo emprego e os recursos que xera na cidade.
