Escoitar

O Ministerio de Transportes adxudica o estudo informativo complementario de impacto ambiental da variante de Cerdedo

Abel Caballero indicou que o estudio informativo complementario para a avaliación de impacto ambiental é "obrigado por lei e garante o acordado co Ministerio, que é poder ter o estudo informativo e a exposición pública en febreiro de 2027". O estudo inclúe unha campaña hidroxeolóxica e xeotécnica, que continuará os estudos hidroxeolóxicos realizados e a adaptación da solución técnica á normativa actual. O contrato adxudícase por un importe de 835.660 euros e o prazo de execución será de 24 meses. Para o rexedor, este estudo supón unha mostra do compromiso con Galicia e ,en concreto, coa cidade de Vigo; e está en liña coa Estratexia de Moblidade Sostible, Segura e Conectada 2030 desenvolvida polo Ministerio.

venres, 8 ago 2025
Descargar todas as imaxes