O Goberno municipal dedica 400.000 euros anuais á limpeza dos cemiterios municipais
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á contratación do servizo de limpeza e mantemento dos camposantos e á contratación da coordinación de seguridade e saúde das obras de renovación da piscina de Teis.

Abel Caballero avanzou este venres a adxudicación da contratación do servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos oito cemiterios municipais: Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns cun investimento anual de 400.000 euros por un período de catro anos. “Tratamos de mantelos na limpeza, decoro e aparencia que merecen tódolos espazos desta cidade”, recalcou.
Piscina de Teis
“Unha piscina nas mellores condicións para Teis e para Vigo” así se referiu o alcalde ao resultado da obra de mellora da piscina municipal, logo do incendio sufrido no ano 2022 e cuxos danos obrigan a acometer unha reforma integral.
A Xunta de Goberno Local adxudicou este venres a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras por un importe de case 65.000 euros. Un paso máis no desenvolvemento dos traballos que rematarán cunha nova fachada, novas salas para actividades deportivas, mellor illamento térmico, a renovación completa do sistema eléctrico ou melloras na accesibilidade universal.