“Arte nas fiestras” enche de vida o barrio de Ribadavia
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este xoves o barrio de Ribadavia para coñecer o resultado do proxecto artístico co que o Concello e a veciñanza queren recuperar a vida do barrio a través do debuxo e a pintura.

“É unha forma de recuperar esta zona que seguiremos en todo o barrio”, explicou o rexedor antes de realizar a visita coa veciñanza para coñecer o resultado do proxecto “Arte nas fiestras” a través do cal se pintaron 32 xanelas tapiadas de casas e edificios deshabitados do barrio.
Ao longo dos últimos 45 días, un “número notable” de artistas participaron no proxecto poñendo o seu bo facer ao servizo do barrio e da veciñanza, que tamén se animou a pintar guiados polos expertos nunha experiencia colaborativa e altruísta, que revitalizou a convivencia no barrio de Ribadavia.




