O Goberno municipal aproba 92 axudas de emerxencia
O alcalde deu conta este luns das axudas que vén de conceder o Concello para sufragar gastos de alimentación, vivenda ou subministros no marco da política social municipal. Amais, visitou a instalación da pista de BMX do festival O Marisquiño en Samil. Caballero visitou as últimas montaxes de O Marisquiño.

O Goberno de Vigo deu luz verde esta semana a 92 axudas de emerxencia por un valor de case 25.000 euros. 41 das axudas foron para sufragar gastos de alimentación por importe de 13.605 euros, 24 axudas para vivenda por valor de 8.598 euros e 24 para subministracións, auga e subministración eléctrica.
Abel Caballero explicou que desde principios de ano o Concello aprobou 2.267 axudas de emerxencia “seguimos facendo a Política Social máis importante de Galicia”.
O Marisquiño
O alcalde visitou esta mañá a contorna da praia de Samil, onde se ultiman os preparativos para a edición número vinte e cinco do Marisquiño, que se celebra esta fin de semana, e achegouse á pista de BMX e skate na que quedou instalada unha oliveira.

