O Concello destina 70.000 euros a axudas culturais
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ás axudas para o desenvolvemento de actividades da Asociación Cultural Abella Producións, da Orquestra Clásica de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O alcalde informou destas axudar poñendo en valor “ o apoio continuo á cultura na cidade” explicando as axudas que veñen de ser aprobadas.
A Asociación Cultural Abella Producións recibirá 6.000 euros para a organización do Galician Freaky Film Festival que se desenvolverá do 19 ao 27 de setembro nos cinemas Tamberlick, no Centro Comercial Praza Elíptica. Trátase dun evento de cinema e cultura freak no que poderán ver unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais inéditas en Galicia, así como estreas mundiais
O Goberno municipal aprobou a subvención para a Orquestra Clásica de Vigo para o financiamento do seu programa de concertos 2025 por un importe de 60.000 euros. Celebraron un total de 7 concertos, o primeiro deles o Extraordinario de Nadal o 29 de decembro no teatro Afundación e o último polo Día Europeo da Música o 21 de xuño na Basílica de Santa María.
Amais, aprobouse a subvención para o Conservatorio Superior de Música de Vigo para financiar o X Festival da Música das Artes nas Ondas 2025 por un importe de 4.000 euros. É a quinta edición deste programa, que ten como obxectivo divulgar as artes escénicas.