O goberno local investirá 1,5 millóns de euros en melloras de 65 parques infantís de toda a cidade
O Concello programa obras en 65 dos 160 parques infantís instalados en toda a cidade. Investirá 1,5 millóns de euros nas novas melloras, segundo indicou Abel Caballero. “Estamos a proceder á renovación total de todos os parques infantís de Vigo”, afirmou.

Abel Caballero apuntou o inicio, a partir da primavera de 2026, das obras de mellora e reposición de xogos, firmes e valados en 65 parques infantís da cidade. Destacou que Vigo conta nestes momentos con 160 zonas de lecer destinadas aos nenos, das que 16 son macroparques, 72 son biosaudables e 4 destínanse á práctica do skate. “Melloramos de forma continua os parques infantís”, recalcou o rexedor ao sinalar que a intervención abarca a todos os barrios e parroquias. “Todo Vigo cuberto por esta acción”. O rexedor explicou que as 65 novas intervencións súmanse ás 66 realizadas nos dous últimos anos.
Obras
O alcalde indicou que se instalarán 72 novas randeeiras dobres, multixogos e figuras 3D de caucho nos espazos de xogos da Alameda de Candeán; Alameda Santo André; Fragoselo; O Vao; Alameda Canario; Alameda Merlo; Rivera Atienza; Santa Clara; Sampaio; Samil Ría de Vigo; San Miguel de Oia; Sárdoma; Centro Cívico de Teis; Coutadas; Grupo San Pablo; Riouxa; Elisardo Dacosta Torres; Eugenio Arbones; Eugenio Krapf; Florida; Bouzas; Faisán; San Roque; Arenal 1 e Areal 4; Comercio; Hispanidade; Párroco José Otero; Polideportivo Berbés; Seara; Bouza 1 e 2; Campo Roxo; Mestre Prudencio Rodríguez Dios; Mondariz e Volcáns 1 e 2.
As melloras contemplan instalar 27 novos valados nos parques de Teixugueiras 8; Beade Couceiro; Alameda Bembrive; Alameda Xestoso; Meceiriña; Gorxal; Grileira; Mercado Cabral; Figueiras Caeiro; Castrelos; Alameda Merlo; Alameda Meixoeiro; Santa Clara; Alameda Andrés Gaos; Coutadas; Grupo San Pablo; Forestal Cepudo; Pablo Iglesias; Bouzas; Areal 1,2,3 e 4; Porto Rico; Praza Elíptica; Volcáns 1 e Zamáns Canteira.
O Concello instalará 8 novos pavimentos de caucho nos parques de Teixugueiras 18 e 22; Bouzas; Ribeira do Berbés, Praza do Rey; Praza Elíptica; Praza de Portugal e da rúa Venezuela.

