O alcalde inaugurou as xornadas interfronteirizas que reúnen en Vigo a 80 participantes de Galicia e Portugal

xoves, 24 feb 2011

O sindicato Comisións Obreiras organiza hoxe e mañá venres en Vigo estas xornadas dos sectores metal, mineiro e eléctrico sobre a acción conxunta de Galicia e o norte de Portugal fronte aos retos actuais da deslocalización e o Eixo Atlántico. Participan 55 persoas de Galicia e outras 25 portuguesas, baixo os obxectivos de potenciar un maior intercambio rexional e de información e a definición dun plan de traballo.

O hip hop galego e portugués esta fin de semana en Vila Nova de Gaia

xoves, 2 xul 2009

A localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia, capitalidade cultural do Eixo Atlántico 2009, acollerá o venres, 3 de xullo, e o sábado, 4 de xullo, o festival EixoRap, onde se darán cita unha quincena de grupos de hip hop galegos e portugueses. EixoRap é unha iniciativa dos mc vigueses O Puto Coke e Kaixo Sama, e a productora viguesa Gold Artist's, que reuniron a músicos consolidados xunto a outros emerxentes de Portugal e Galicia. Como cabezas de cartel atópanse os portugueses Mind Dá Gap e Dealema, mentres pola parte galega serán O Puto Coke, Woyza e Kaixo Sama& Elecesar.

Cáceres será o escenario, o vindeiro martes, da creación da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas que impulsa o Eixo Atlántico

Dezaseis entidades transfronteirizas de España e Portugal terán unha soia voz diante das autoridades dos dous países e da Unión Europea<br />

venres, 19 xuñ 2009

A fronteira hispano portuguesa, coñecida popularmente como "a raia", terá unha soa voz diante das autoridades de España e Portugal coa creación, o vindeiro martes, 23 de xuño, da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas que se constitúe en Cáceres coa participación das dezaseis entidades transfronteirizas existentes a ambos lados da fronteira. Delas, cinco están situadas en Galicia e o Norte de Portugal.

A programación afonda na identidade e riqueza do patrimonio cultural de Galicia e o norte de Porttugal, con respecto a diversidade local

Máis de 300 actos para comemorar a primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico en Gaia

luns, 1 xuñ 2009

O concello de Vilanova de Gaia, organizará máis de 300 actos nos meses de verán co gallo da primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico que lle foi concedida por parte da entidade transfronteriza. Xoan Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo e Mario Dorminsky, concelleiro de Cultura de Vila Nova de Gaia, presentaron hoxe a programación, entre a que descacaron o evento turístico Expo Cidades, o Eixorap e o punto de encontro entre escritores galegos e portugueses.

O acto de sinatura terá lugar no Edificio Municipal do Areal en Vigo , o día 14 de novembro ás 11.30 horas, no contexto da reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico e a FEGAMP asinan un convenio para reforzar o municipalismo e o desenvolvemento local na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

mércores, 12 nov 2008

O Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Antonio Fernández Castro, e o Presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Luís Filipe Menezes asinarán, o vindeiro 14 de novembro, en Vigo un convenio de colaboración que permitirá reforzar o municipalismo e promover o desenvolvemento local no conxunto da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.