Escoitar

Vigo acolle a VIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico ata o vindeiro un de novembro

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle ata o 1 de novembro, a VIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Con máis de 300 obras presentadas na última edición, a Bienal de Pintura, constitúe unha das principais Mostras da Península Ibérica, atopándose entre unha das tres con máis participación.

venres, 2 out 2009
1254483047obraganadorabienalpintura2009.jpg
Obra gañadora bienal pintura 2009
Esta selección de 30 obras percorre ao longo de dous anos as salas de exposicións das cidades integrantes da entidade transfronteiriza, dando a coñecer o estado actual da creación pictórica na nosa Eurorrexión, promocionando novos valores artísticos e favorecendo a mestizaxe cultural dos nosos creadores. Ao peche da exposición o vindeiro 1 de novembro, a Bienal do Eixo Atlántico desprazarase á cidade da Coruña.

Nesta edición, verase o primeiro premio, da portuguesa Ana Pais Oliveira coa obra Vejo, de passagem, enquanto coso o meu vestido; os dous segundos, un galego, de Leonardo Rial Otero, e outro prtugués, Pré-Esvoaço de Teresa Gil. Tamén estará exposto as tres obras premiadas no apartado para os máis xoves, rapaces de mesmo 11 anos coma foi o caso de Andrés Tejido de Sousa (Vigo, 1997), que gañou o segundo premio de novos talentos, pola parte galega.

Chegada á súa oitava edición, nos atopamos ante unha Bienal de Pintura xa consolidada. Dende a súa primeira edición no ano 1997, que gañou a coñecida viguesa Berta Cáccamo, os premiados dos seguintes anos non deixan de ir acadando posicións destacadas no panorama artístico.

Esta exposición itinerante, é un importante vehículo das cidades para coñecer a calidade artística do outro lado da fronteira e que florece nos activos núcleos creativos galaico-portugueses.


As obras premiadas da VIII Bienal de Pintura son:
-Primeiro Premio Eixo Atlântico á mellor obra: "Vejo, de passagem, enquanto coso o meu vestido", de Ana Pais Oliveira.
- Segundo Premio á mellor obra de autor portugués á obra "Pré-Esvoaço", de Teresa Gil.
- Segundo Premio á mellor obra de autor galego á obra "Sen título", de Leonardo Rial Otero.

No Premio Novos Talentos as obras premiadas son:
-Primeiro Premio Novos Talentos Luso-Galaicos á obra identificada co título "A ferida" de Ismael Teira Muñiz.
-Segundo Premio Novos Talentos á mellor obra de autor portugués á obra " Geribéria e Romã" de Ana Sara de Carvalho Gomes.
-Segundo Premio Novos Talentos á mellor obra de autor galego á obra "Sen título" de Andrés Tejido de Sousa.

Ademais destes premios, o Xurado decidiu outorgar tres mencións honrosas ás obras identificadas cos títulos "Más allá de la mirada" da autora galega Montse Frieiro Dantas, "Sinxela Natureza", de María estrela Rúa Barcia e "Fly Me" de Filipe José da Silva Rodrigues.
Descargar todas as imaxes