Escoitar

O Concello adxudicou por 3,3 millóns a humanización de sete novas rúas do casco urbán de Vigo

Segundo informou o alcalde, o goberno local adxudicou a humanización de sete novas rúas localizadas en Teis, Balaídos, Bouzas e o Calvario, entre outras; melloras que empregarán a 118 persoas por valor de 3,3 millóns de euros e que acometeranse "nas próximas semanas", cun prazo de execución que oscila entre os dous e os catro meses.

xoves, 1 out 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves das adxudicacións de sete novas humanizacións distribuidas por barrios como Teis, Balaídos, Bouzas e o Calvario, melloras que iniciaranse "nas próximas semanas" e que suporán un investimento total de 3,3 millóns de euros.

En sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe deu luz verde as humanizacións das rúas Cristo, Extremadura e Paulino Freire, ademais de sendos tramos de Sanjurjo Badía, Alcalde Portanet, Simón Bolívar e Eugenio Kraff. En total, estos traballos darán emprego a 118 persoas, das que 36 procederán das listas do INEM de Vigo.

Segundo detallou o alcalde, a humanización da segunda fase de Sanjurjo Badía (entre Pedro Alvarado e Buenos Aires) levarase 724.000 euros e empregará a 22 persoas, 8 delas en situación de desemprego. A primeira fase de Alcalde Portanet dará traballo a 14 persoas, das que catro proceden do INEM, cun investimento de 437.000 euros.

A humanización de Paulino Freire custará 383.000 euros con 16 traballadores -4 do desemprego-; o tramo entre Venezuela e a Praza Elíptica de Simón Bolívar lévase 522.000 euros de investimento e nel traballarán cinco persoas procedentes do INEM vigués dos 18 empregados totais.

No Calvario, a humanización da rúa Extremadura dará traballo a 11 persoas, unha procedente do desemprego, cun investimento de 230.000 euros; e a rúa Cristo empregará a 20 traballadores, sete deles no paro, cun orzamento de 690.000 euros. A reforma da segunda fase de Eugenio Kraff, nas proximidades da rotonda de Balaídos, custará 342.000 euros e empregará a 17 persoas, das que 10 atópanse en situación de desemprego.

Mostra Luis Braille
Posteriormente, o alcalde, a delegada territorial da Xunta en Vigo e distintos membros da Corporación Municipal participaron na apertura da mostra itinerante da ONCE por mor do bicentenario do nacemento de Luis Braille.

A mostra está aberta ao público ata o 4 de outubro no Centro Social Caixanova con material sobre o código Braille, diversos materiais que mostran a evolución nas ferramentas de acceso á información das persoas cegas e diversos artículos para a comunicación destas no ocio, a cultura e o uso doméstico.