Escoitar

Leroy Merlin e o Concello buscarán localización para abrir "coa máxima urxencia" un centro en Vigo

O alcalde entrevistouse este mércores co Director de Desenvolvemento da compañía, José Luis Azañón, e coa xestora da mesma, Alejandra de la Cruz, quen manifestaron que Vigo é o obxectivo prioritario de Leroy Merlin en España, polo que buscan abrir unha gran superfice con 350 empregados e 100 empresas proveedoras ubicadas en Vigo. "Creo que en non moito tempo haberá novidades ao respecto", concluíu o alcalde.

mércores, 30 set 2009
1254313848leroy.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o Concello buscará solo para a ubicación dunha gran superficie de Leroy Merlin na cidade, interesado en abrir "coa máxima urxencia" un establecemento que empregaría a unhas 350 persoas.

O alcalde entrevistouse este xoves co Director de Desenvolvemento da compañía, José Luis Azañón, e coa xestora da mesma, Alejandra de la Cruz, quen aseguraron que Vigo é o seu obxectivo prioritario en España, como despois afirmou Abel Caballero.

O mandatario vigués sinalou que os plans da empresa pasan por abrir unha gran superficie no sur do municipio de 350 empregados e non desbotan a apertura dun segundo no norte duns 200 traballadores. En calquera caso, a presenza de Leroy Merlin xeraría actividade nunhas 100 pequenas empresas proveedoras que estarían asentadas en Vigo.

Segundo explicou Abel Caballero, a finalidade da compañía é abarcar desde Vigo toda a área metropolitana da cidade olívica e de Pontevedra, así coma o norte de Portugal. O alcalde mostrouse optimista e concluíu que "creo que en non moito tempo haberá novidades ao respecto".
Descargar todas as imaxes