Santi Domínguez advirte que pechará o camiño do consenso co Porto se hai máis proxectos sen Plan de Usos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, adiantou hoxe tras reunirse coa presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, que o BNG non aceptará que se aproben novas actuacións no Porto sen contar co Plan de Utilización de Espazos Portuarios que esixe a lei. O nacionalista dixo que "non imos aceptar a política de feitos consumados e se hai novas actuacións por parte da Autoridade Portuaria sen Plan de Usos entederemos que non hai vontade de acadar o consenso".
Ao remate da xuntanza, Santi Domínguez explicou que o encontro non colma as expectitivas que tiña o BNG "para dicir que hai un camiño aberto ao consenso". Recoñeceu que era un paso adiante que a presidenta portuaria respondera ao seu chamamento, tras anunciar que lle daba un prazo de 15 días para coñecer o Plan de Usos, pero non suficiente.
Santi Domínguez indicou que lle tiña manifestado a Corina Porro "o malestar do BNG porque entendemos que o camiño non é poñerse a facer actuacións sen ter aprobado un Plan de Usos". A este respecto informoulle de que os nacionalistas están dispostos a adicar "ás horas e os días que faga falta" para debatir sobre o documento e axilizar ao máximo a súa tramitación. "Non estamos pechados ao consenso", afirmou.
Na reunión Corina Porro informoulle dos cambios que tiña introducido sobre o avance do Plan de Usos que deixara o seu predecesor no cargo e aceptou que o BNG puidera ter acceso ao documento, aínda que se fixar datas concretas. O tenente de alcalde valorou positivamente "ese avance", aínda que se amosou á expectitiva do que aconteza no futuro."Queremos todo o Plan, velo e analizalo", precisou.
Santi Domínguez sinalou que "o BNG deu un paso adiante na busqueda do consenso acudindo a esta reunión" e pediulle á presidenta da Autoridade Portuaria "se quere camiñar tamén na senda do consenso non se aproben máis actuacións sen Plan de Usos. O tenente de alcalde dixo que "se hai novas licitacións, se continúa a política de feitos consumados, o BNG se da por enterado de que non se quere chegar a consensos".
O nacionalista sinalou que lle manifestou á Corina Porro que son cuestións prioritarias para definir a súa posición coñecer cales son os plan da Autoridade Portuaria sobre o sector naval, os espazos que se cederán á cidade e a lámina de auga. Anunciou tamén que lle pedirá formalmente por escrito a relación de concesións instaladas no Porto e o seu uso.
Descargar todas as imaxes