A concelleira de Educación instou á Xunta a executar reformas "urxentes" en oito comedores escolares<br />
Laura López Atrio asegurou este martes que a demanda para uso dos comedores escolares está a aumentar e oito colexios públicos xa están saturados e non asumen máis nenos. A edil instou á Xunta de Galicia a exercer as súas competencias educativas na cidade e adiantou que o Concello ampliará os comedores de non facelo o goberno autonómico.