Escoitar

O Goberno Local aproba as ordenanzas fiscais de 2010, que reducen nun 0,2% catorce impostos municipais

A Concellería de Economía e Facenda que dirixe Raquel Díaz baixará un 0,2% no 2010 as catorce taxas municipais "que máis utilizan os cidadáns de Vigo", é dicir, o lixo, o auga, a circulación ou as garderías, entre outras. Ademáis o goberno local incrementará nun 2,1% os mínimos para as exencións fiscais, no que supón "un paso máis na defensa da política social" na cidade, concluíu a edil. <br />

luns, 28 set 2009
1254146129raquel.JPG
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns as ordenanzas fiscais para 2010, que reducen nun 0,2% os 14 impostos municipais "que máis utilizan os cidadáns de Vigo" -como o auga, o lixo ou a circulación, entre outros- e incrementa nun 2,1% os mínimos para beneficiarse das exencións fiscais, segundo indicou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz.

Esta rebaixa fiscal para 2010 aplicarase aos impostos sobre os vehículos, os cemiterios, as escolas infantís, o auga, o lixo, as instalacións deportivas, as garderías, sobre o IAE e o IBI principalmente, en aplicación do IPC interanual. Ademais, o Concello crea unha nova taxa sobre os operadores de telefonía móbil, tal e como xa tributan as empresas de telefonía fixa.

Segundo salientou Raquel Díaz, o goberno local "continua a facer políticas sociais, sobre todo en tempos de crise" cunhas ordenanzas fiscais que prora "que os cidadáns de Vigo teñan menor presión fiscal"; "un paso máis en defensa da política social" que aprobouse no Pleno ordinario de setembro coa oposición do Partido Popular. A edil socialista recordou que, en dous anos de goberno de Abel Caballero, 4.000 familias viguesas máis benefícianse das exencións fiscais.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou que o goberno vigués está a ser "coherente" ano tras ano na xestión orzamentaria e de taxas, e realiza ademais unha "aposta pola política social", que trata de devolver os impostos á cidadanía con políticas de emprego e reactivación económica, destinada a favorecer a igualdade de oportunidades.

Pola súa banda, o PP argumentou que a baixada de impostos é "irrelevante", solicitou do goberno local que "non sexan cutres" e eleven o descenso ata o 2,8% para equiparalo co IPC do ano 2009, segundo afirmou o edil popular Jorge Conde. O concelleiro asegurou que a baixada suporá un aforro de 80 céntimos e asegurou que "Vigo paga proporcionalmente máis impostos que Madrid", o que a concelleira de Economía e Facenda rexeitou rotundamente asegurando que "Vigo paga a metade de impostos que os cidadáns de Madrid".
Descargar todas as imaxes