Esta fin de semana iniciase a protección contra o botellón da praza do Berbés
A noite do venres ao sábado entrará en vigor a ordenanza que regula a convivencia cidadá e o ocio no entorno de Teófilo Llorente e a rúa Real, aplicación que será progresiva iniciándose o control esta fin de semana na Praza do Berbés para extenderse en próximas semanas ao entorno. 50 efectivos policiais formarán o dispositivo de prevención na zona.
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, anunciou o inicio da protección contra o chamado botellón da praza do Berbés para esta mesma fin de semana; o segundo ámbito en vigor da nova ordenanza que regula a convivencia cidadá e o ocio nocturno, tras o entorno de Loriga.
Segundo explicou o edil, existen principalmente na zona tres focos de botellón que pasará a regular a normativa, que son a praza do Berbés, Teófilo Llorente e a Pedra; ainda que tamén están incluidas a rúa Real e a praza da Igrexa. A protección do entorno será progresiva, iniciándose esta fin de semana na Praza do Berbés unicamente para nas posteriores extenderse á totalidade do mesmo.
Despois dos bos resultados da normativa na zona de Loriga, o dispositivo policial seguirá a mesma liña informativa cos usuarios, coa finalidade de que non se concentren na Praza do Berbés para realizar o chamado botellón, aínda que a ordenanza contempla sancións para os infratores. Así, esta fin de semana a concellería de Seguridade disporá aos efectos de 50 axentes entre Policía Local e Nacional para vixilar a zona, e co obxectivo de "repetir o éxito de Loriga", indicou Calviño.
Segundo explicou o propio concelleiro socialista, tanto os veciños como os comerciantes do Berbés "aplauden a medida", e, nunha reunión mantida onte mércores, Calviño solicitou dos negocios "axuda" para que os clientes non poidan saír dos mesmos con bebidas e para que cumpran cos seus horarios de peche; peticións que os establecementos "entenderon" e apoiaron.
Actualmente xa está instalada a sinalización vertical que informa á cidadanía do ámbito que abrangue a ordenanza no entorno do Berbés, nos distintos puntos de acceso á zona desde o Casco Vello.
O edil afirmou que o Concello permanecerá atento á evolución do fenómeno, e "estudiarase o comportamento do botellón" nas proximidades de Montero Ríos e das avenidas, ámbitos nos que detetouse un incremento desta práctica, que puido verse aumentado polo verán, segundo citou Calviño.