xoves, 24 set 2009
O concelleiro explicou que desde a noite de mañá venres ao sábado entrará en vigor a ordenanza que regula a convivencia cidadá e o ocio no entorno de Teófilo Llorente e a rúa Real, aplicación que será progresiva iniciándose o control esta fin de semana na Praza do Berbés para extenderse en próximas semanas ao entorno. Calviño indicou que 50 efectivos policiais formarán o dispositivo de prevención na zona.
xoves, 24 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este xoves que un total de 28 dependencias municipais serán accesibles para toda a cidadanía antes de finais de ano, co investimento de 2.135.549 euros para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Na visita realizada hoxe á piscina e o pavillón do Carme para comprobar o estado das obras, ademais do tenente de alcalde tamén participaron a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, o presidente do club Amfiv Pablo Beiro, e diversos representantes do Consello Local de Accesibilidade, así como as arquitectas encargadas do proxecto.
xoves, 24 set 2009
O alcalde reiterou que o Concello fará fronte ao custo das expropiacións se a Xunta de Galicia non o asume, e que o fará "no prazo máis breve posible" para poñer a disposición do goberno autonómico os terreos necesarios. O rexedor local e os coordinadores de xustiza de Comisións Obreiras de Galicia pasaron revisión este xoves ás dotacións xudiciais viguesas.
xoves, 24 set 2009
Esta é a derradeira semana na que permanecerá aberta ao público a exposición de Santiago Sierra, que se clausura este domingo 27 de setembro na planta baixa. Con este motivo, o sábado e domingo proxectarase no salón de actos o vídeo consistente nunha charla de José Luis Velasco, dirixente da CNT, baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai crise’, que forma parte do proxecto de Santiago Sierra para o MARCO.
xoves, 24 set 2009
O museo Verbum – Casa das Palabras retoma os obradoiros didácticos. Para este domingo 27 están programadas unha sesión de monicreques para nenos e nenas a partir dos 5 anos.