Escoitar

O alcalde visitou as obras de construcción do auditorio, que ten a estrutura do hotel xa rematada

Abel Caballero acudiu este mércores ao solar de Beiramar onde estase a construir o Pazo de Congresos de Vigo, que xa ten rematada a estrutura do hotel e nun 80% a do Auditorio propiamente dito. O alcalde asegurou que os traballos -que empregan a unha media de 150 persoas- marchan nos prazos previstos para que a infraestrutura quede inaugurada o 1 de xaneiro de 2011.

mércores, 23 set 2009
1253711056obrasauditorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos de construcción do Auditorio Pazo de Congresos de Vigo, que xa conta coa estrutura do hotel rematada e a do Auditorio executada nun 80%.

O ritmo das obras -nas que traballan unha media de 150 persoas- están a cumprir os prazos previstos, segundo salientou o alcalde, o que permitirá a inauguración da que será a principal infraestrutura cultural e expostiva viguesa o día 1 de xaneiro de 2011 cun concerto de aninovo.

A día de hoxe no hotel, coa estrutura xa rematada, comezaron os traballos de albanelería, que darán paso en breve aos de cantería e instalacións. No tocante ao Auditorio propiamente dito, no prazo dun mes iniciarase a montaxe das grandes cerchas que sustentarán as cubertas do mesmo. Nos garaxes comezouse a executar todas as instalacións, tanto eléctricas como de saneamento, detección de incendios e ventilación.

En total, e desde o comezo da construcción, empregáronse 1.500.000 quilos de aceiro e 25.000 metros cúbicos de formigón para levantaren ao redor de 27.000 metros cadrados de estrutura. Diariamente, estanse a formigonar unha media de 250 m2, o equivalente á superficie de tres vivendas.
1253711056obrasauditorio.jpg
1253711069visitaauditorio.jpg
Descargar todas as imaxes