Inaugurada a humanización da rúa Coruña
Este martes o alcalde Abel Caballero inaugurou de xeito oficial a humanización da rúa Coruña. A actuación renovou os pavimentos, as instalacións de alumeado, saneamento e abastecemento, mellora do arborado e o mobilirio urbano. O investimento das obras foi de 1,9 millóns de euros procedentes do orzamento municipal de 2009.
A humanización da rúa Coruña iniciouse o pasado mes e contou cun investimento de 1,9 millóns de euros a cargo dos orzamentos municipais de 2009. Os traballos contemplaron a renovación e ampliación das beirarrúas, que pasaron a ser de granito cun ancho medio aproximado de 4 metros no tramo entre a Praza de América e Eugenio Fadrique, e de 5 metros entre esta e a Avenida de Beiramar.
As obras renovaron ademais os pavimentos -á semellanza doutras humanizacións-, as instalacións de alumeado público e a rede de saneamento e abastecemento; mellorouse asemade o arbolado existente e o mobiliario urbano, e instalaronse novos bancos e papeleiras.
O alcalde salientou que esta humanización foi a "máis custosa que se fixo nunca nesta cidade", cun investimento de 1,9 millóns de euros sufragados polo Concello de Vigo.
O alcalde estivo acompañado por concelleiros e concelleiras do Goberno Municipal que se desprazaron ata a rúa Coruña en transporte público con motivo do "Día Mundial sen coche", dentro do marco da semana europea da mobilidade. O obxectivo destas iniciativas é informar, concienciar e dar participación á cidadá na tarefa de mellorar a calidade de vida das cidades, reducindo o número de coches en circulación e demostrando na práctica os beneficios que reporta o que os automobilistas deixen o coche en casa.