Unha nova edición do programa "Camiña e coñece" percorrerá a parroquia de Saiáns o vindeiro domingo
O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o edil de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este luns unha nova edición do programa "Camiña e coñece", que o vindeiro domingo, 27 de setembro, percorrerá a parroquia de Saiáns. Nas súas intervencións, os concelleiros lembraron que o obxectivo desta iniciativa, para a que non é preciso inscribirse previamente, consiste en potenciar o desenvolvemento de hábitos saudabeis ao mesmo tempo que fomentar o coñecemento do patrimonio cultural de Vigo e os seus barrios e parroquias.
O concelleiro de Cultura explicou que o percorrido por Saiáns comezará o vindeiro domingo, ás 10 horas, dende o parque forestal desta parroquia e terá a chegada ás 13 horas ao mesmo punto de partida. Na súa intervención, Xesus López lembrou que dende que en xullo de 2007 se puxo en marcha este programa xa se desenvolveron sete percorridos (o Casco Vello e o Ensanche, o paseo do Lagares, as mámoas de Candeán, a ruta da costa dende Bouzas a Toralla, as Letras Galegas, Valadares e Zamáns) e todos eles buscan "potenciar os hábitos saudabeis independentemente da idade e da forma física dos participantes e dar a coñecer o patrimonio cultural do noso concello".
O concelleiro de Deportes asegurou que a ruta por Saiáns "ten todos os alicientes para que a xente o percorra", aínda que matizou que non é preciso facelo completo, "posto que á metade do percorrido se pasa polo punto de partida". Sinalou que haberá cinco paradas, nas que como en edicións anteriores unha persoa "explicará as cuestións máis peculiares da visita". "Cando iniciamos o programa xa sabiamos que nunha lexislatura non rematariamos a posibilidade de coñecer todo o patrimonio arqueolóxico e etnográfico do noso concello, polo que estou seguro de que este programa vai continuar no futuro", indicou Xabier Alonso.
Pola súa banda, o presidente da Asociación de Veciños de Saiáns, explicou que a colaboración entre esta entidade e as concellerías de Cultura e Deportes se iniciou "porque coñeciamos o grande éxito desta iniciativa e compartiamos os obxectivos de comninar coñecemento e lecer". Xosé Rei salientou que ademais da paisaxe, a visita permitirá contemplar os muíños e o castro de Estea; ao respecto sinalou que o anterior goberno da Xunta concedeu unha subvención para musealizalo. Finalmente, expresou o seu orgullo por contribuir a "poñer en valor o patrimonio da nosa parroquia".
Descargar todas as imaxes