A reforma de Balaídos contempla un aforo de 42.381 espectadores, aparcamento soterrado e a mellora do barrio
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, informou esta semana que o proxecto para a reforma do estadio de Balaídos que Vigo presentou para optar a ser sede do Mundial de Fútbol de 2018 ou 2022, cumpre todos os requisitos que establece a FIFA sobre aforo, visibilidade, dimensións do terreo de xogo, aparcamentos e mellora do contorno.
"Dende o primeiro momento pensamos que Vigo non podería quedar fóra para optar a ser sede do mundial, pola súa repercusión internacional e o retorno económico que supón", salientou o tenente de alcalde. Asemade, Santi Domínguez destacou que esta é a "gran oportunidade de poder optar a que as distintas administracións colaboren na reforma", cifrada nun total de 123 millóns de euros, dos que 104 millóns corresponden á remodelación do estadio e o resto á construción do aparcamento e a mellora do contorno. Neste sentido asegurou que esta candidatura é unha "oportunidade" para afrontar a reforma do estadio, xa que desta forma o financiamento chegará na súa maior parte de do Estado, a Xunta, a Deputación e, en menor medida, do Concello.
Santi Domínguez salientou que Vigo e o Celta "merecen esta reforma", xa que o estadio de Balaídos non foi remodelado dende o mundial de 1982, agás as tarefas propias do mantemento e salientou que "tarde ou cedo hai que acometer a reforma e esta é unha gran oportunidade".
O novo estadio terá un aforo de 42.381 espectadores, todos sentados e a cuberto. Asemade, a reforma inclúe unha completa remodelación de toda a zona e a construción dun aparcamento soterrado de 2.074 prazas. Ademais deste aparcamento de uso público, haberá outro de 818 prazas para uso exclusivo do estadio baixo as gradas. "É fundamental que a remodelación do estadio vaia acompañada da reforma do contorno", subliñou Domínguez Por outra banda, destacou que o proxecto está pensado para desenvolver en catro fases "quen non implicará a paralización da competición". Neste sentido sinalou que de cara ao financiamento "permite traballar nun prazo de catro anos ou cinco anos, o cal facilita a súa viabilidade".
A primeira fase da remodelación, cun prazo de execución entre 9 e 12 meses, contempla a demolición da grada de Marcador, a construción da nova grada e o inicio do aparcamento soterrado na rúa Miñor. A segunda fase inclúe a demolición da grada Tribuna, a construción da nova grada e a continuación do aparcamento na avenida de Balaídos; ten un prazo de execución de 12 a 15 meses. A terceira fase, cun prazo de execución de 9 a 13 meses, comprende a demolición da grada de Gol, a construción da nova grada e a humanización da superficie do aparcamento nas rúas Val Miñor e avenida de Balaídos. Finalmente, a cuarta fase inclúe a demolición da grada de Río, a construción da nova grada e a humanización de toda a zona nun prazo de execución de 15 a 18 meses.
Santi Domínguez subliñou que o novo estadio terá "amplos espazos de circulación e accesos, de xeito que de estar cheo podería desaloxarse en seis minutos". Asemade, destacou que as gradas se poderán adaptar a "realidades diversas", en función das necesidades de cada momento en canto a número de espectadores. O proxecto contempla tres aneis de gradas: unha inferior de 19.391 prazas, outra superior de 20.198 prazas e unha intermedia na que estarán os palcos e a zona de medios de comunicación, con 2.804 prazas.
Tras a reforma, o estadio terá catro andares e dous sotos. No soto 2 ubicaranse os vestiarios, zona médica, zona de seguridade, almacéns, zona de mantenemento e outras dependencias. O soto 1 destinarase exclusivamente a aparcamento. O baixo contempla a zona de acceso á primeira grada, a zona de restauración e comercial, así como diferentes dependencias de acceso dende o exterior e as taquillas. O primeiro andar acolle a zona de palcos e unha ampla superficie destinada aos medios de comunicación. No segundo ubícase o acceso ao segundo graderío, no terceiro a zona de oficinas e salas de reunións e o cuarto está destinado á circulación dos espectadores do segundo graderío.
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou que nun proxecto conxunto España e Portugal "Galiza non pode quedar fóra, sobre todo tendo en conta que Vigo é a cidade próxima a Portugal". Neste sentido explicou que as xuntanzas preparativas mantidas ata agora foron convocadas por zonas xeográficas. O edil do BNG sinalou que á hora de decidir que tipo de proxecto presentar, "optamos por un proxecto competitivo que reúne condicións orixinais como a versatilidade das gradas, a liberación de espazos, o tratamento do río e as cuestións medioambientais e de seguridade". Entre outras medidas, o proxecto contempla a reutilización da auga da choiva para o rego do céspede.
Respecto as datas do proceso, Xabier Alonso indicou que a "primeira criba" será o vindeiro 30 de setembro, o 30 de novembro é a data de presentación da documentación definitiva e o 14 de maio do 2010 coñecerase a resolución final.