Escoitar

Exposición Mundial de la Pesca 16-19 septiembre 2009 - Vigo

O recinto feiral de Cotogrande acolle do 16 ó 19 de setembro a World Fishing Exhibition - Vigo'09. Por primeira vez participan como expositores en WFE empresas procedentes de Rusia, Malasia, India, Corea do Norte e do Sul, China, Lituania, Turquía o Tailandia e baixo pavillóns nacionais acuden empresas de Islandia, China, Dinamarca, Francia, Holanda, Islas Faroe, Italia, Noruega, Reino Unido, Senegal, Suecia e Taiwán.

mércores, 16 set 2009
1253021649worldfishingexhibition.jpg
Como principal novidade desta edición de WFE destaca a celebración da primeira edición de Aqua Farming International, unha iniciativa xurdida ante as demandas do sector da acuicultura galega pola celebración dunha exposición profesional dedicada a este sector. E como recoñecemento ao auxe e cada vez maior importancia dunha actividade, como é a acuicultura, de vital importancia para asegurar un abastecemento á despensa alimentaria mundial. AQA espertou, nos países en vías de desenvolvemento, unha gran expectación e xa están anunciadas misións de varios países de África e Latinoamérica, interesadas nos proxectos de cultivos realizados e desenvolvidos en Galicia; unha exposición que terá carácter bianual e celebrarase en Vigo.

Como actos paralelos á Exposición celebrase a IV Conferencia Mundial do Atún, organizada por ANFACO; a I Cume Mundial sobre Sustentabilidade na Pesca, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Medio Mariño e a V Conferencia de Ministros de Pesca. Así mesmo, no marco de Aqua Farming International, Apromar celebra a súa Conferencia Sectorial que congregará a máis de 250 persoas interesadas por coñecer as últimas novidades e os retos e oportunidades do sector. A Asociación de Produtores de Rodaballo, AROGA, organiza unhas Xornadas Técnicas e World Trade Exhibitions a I AQA Conference.

Doutra banda, a cidade será a primeira en recibir aos membros da Welsh Guards Band da súa Maxestade a Raíña Isabel II que actuará, novamente en Vigo. A Banda que acode á cerimonia inaugural da Exposición dedicará a súa primeira actuación á cidade á 1 da tarde do día 16 de setembro enfronte do Museo MARCO, onde a Banda desfilará e tocará rendendo honras á cidade.
Descargar todas as imaxes